Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 61843

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 164/2021, do 16 de decembro, polo que se nomean os vogais representantes da Xunta de Galicia no Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública.

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, establece a composición do seu consello reitor. Así, no punto 3 letra b) do mesmo artigo sinala que formarán parte deste cinco representantes da Xunta de Galicia, designados, por razón do seu cargo, polo Consello desta entre aqueles que posúan a categoría de director xeral.

De conformidade co establecido na devandita lei, mediante o Decreto 289/1994, do 30 de setembro; o Decreto 307/2003, do 11 de xullo; o Decreto 302/2009, do 14 de maio, e o Decreto 2/2015, do 15 de xaneiro, designáronse os vogais correspondentes a este parágrafo do artigo 7.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear, como vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública en representación da Xunta de Galicia, as persoas titulares dos seguintes órganos:

– Dirección Xeral de Xustiza.

– Dirección Xeral de Administración Local.

– Asesoría Xurídica Xeral.

– Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

– Secretaría Xeral de Universidades.

Queda sen efecto o artigo 1 do Decreto 2/2015, do 15 de xaneiro, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, representantes da Xunta de Galicia e expertos no eido da Administración pública.

Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública