Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 62211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 2 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Pena de Cabra, nos concellos de Toques e Sobrado (expediente IN408A 2020/33).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power, S.L.U. (CIF B70501473).

Enderezo para os efectos de notificacións: praza de María Pita, nº 10, 1º andar, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Pena de Cabra (expediente IN408A 2020/33).

Concellos afectados pola poligonal: Toques e Sobrado (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 25,20 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 ud.×4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 97.365 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.864 horas.

Orzamento de execución material: 19.221.787,10 €.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Pena de Cabra

A.D.E.

Coto das Codesas

Parque eólico Pena de Cabra

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

580.727

4.762.786

Sobrado

2

583.075

4.757.786

Toques

3

583.875

4.757.786

Toques

4

584.440

4.760.038

Toques

5

583.398

4.761.573

Toques

6

583.651

4.761.685

Toques

7

584.538

4.761.835

Toques

8

584.129

4.762.786

Toques

Parque eólico Pena de Cabra

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

AE 1

583.931

4.762.258

Toques

AE 2

583.485

4.761.986

Toques

AE 3

583.242

4.760.874

Toques

AE 4

583.407

4.760.652

Toques

AE 5

583.644

4.760.463

Toques

AE 6

583.769

4.760.116

Toques

Parque eólico Pena de Cabra

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM

583.931

4.759.811

Toques

Parque eólico Pena de Cabra

Centro de seccionamento

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

CSC

583.711

4.762.097

Toques

Características técnicas da instalación:

• Seis (6) aeroxeradores de tres pas, modelo Vestas V136 ou semellante, de 4.200 kW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables, diámetro do rotor de 136 m e altura de buxa de 112 m.

• Seis (6) centros de transformación montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, con transformador trifásico de illamento en seco, potencia aparente unitaria 4.700 kVA e relación de transformación 0,72/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) torre meteorolóxica de 112 m de altura.

• O centro de seccionamento e control (CSC) do parque eólico estará constituído por un edificio prefabricado en que se albergarán as celas de protección e de medida, ademais dun transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV.

• O sistema colector de media tensión (MT) está formado por tres circuítos de 30 kV en instalación soterrada e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata o CSC. O condutor utilizado será de tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al de 1×240 e 1×400 mm².

• A posta a terra da rede de MT está constituída por un cable de cobre espido, de sección 50 mm², tendido ao longo da canalización de MT no fondo da gabia.

• Pola mesma gabia das citadas liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que empregará como soporte un cable de fibra óptica e que se usará para a monitorización e control do parque eólico.

• No edificio do CSC recollerase toda a enerxía procedente do parque para enviarlla á futura subestación do parque eólico Friol (expediente LU-11/147-EOL, actualmente en tramitación e promovido por Greenalia Wind Power Friol, S.L.U.) a través dunha liña de evacuación de 30 kV (LMT 30 kV PE Pena da Cabra-PE Friol, expediente IN408A 2020/106, actualmente en tramitación e promovido por Greenalia Wind Power Pena da Cabra, S.L.U.). Nin a subestación Friol nin a liña de evacuación que irá desde o CSC á primeira forman parte deste proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (febreiro 2020-visado 25.10.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

1.2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro 2020-asinado 9.7.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) (febreiro 2020-visado 11.5.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo (no DOG ou no xornal).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), así como nas casas consistoriais de Toques e Sobrado (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/pena-da-cabra

A Coruña, 2 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Pena da Cabra nos concellos
de Toques e Sobrado (A Coruña) (expediente IN408A 2020/033)

predio

Titularidade

Parcela

Afeccións (m²)

Datos catastrais

Pleno domino

Serv. de paso

Serv. de voo

Ocupac. temp. (amoreamentos)

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Cim.

Plat.

T. met.

CSC

Vías

Gabia

Concello de toques

1

Comunidade parroquial do monte veciñal en man común de Capela-T

Rpte. Manuel Buján Mosteiro

6

641

Penas

Matogueira

106

421

557

3.990

2

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

835

Paradela

Matogueira

100

448

749

3

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

193

Paradela

Matogueira

493

668

37

5.650

4

Castro Álvarez, María Inés

Castro Álvarez, María del Pilar

Castro Álvarez, Manuel

Castro Álvarez, María del Carmen

Castro Álvarez, José María

Castro Álvarez, Jesús

5

951

Ulleiro

Matogueira

6

5.449

649

281

1.935

5

López Varela, Dositeo

López Prieto, Remedios

5

208

Bulleiro

Prado

Matogueira

1.452

557

2.671

6

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

627

Paradela

Matogueira

1.496

16.601

6.054

2.573

31.685

1.454

7

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

1015

Quenllo

Eucaliptal

910

8

Lorenzo Casanova, Remigio

5

33

Toxeira

Matogueira

12

107

9

Lorenzo Morujosa, Mª Elena (hdros.)

Rpte. Edita Vázquez Lorenzo

5

15

Entre Torreiros

Eucaliptal

222

10

Vázquez Mosteiro, Jesús

Lorenzo Morujosa, María Elena (hdros. de)

5

1051

Forxa

Eucaliptal

25

11

Amor Morujosa, Guillermo

5

17

Entre Torreiros

Eucaliptal

160

12

Lorenzo Morujosa, Mª Elena (hdros.)

Rpte. Edita Vázquez Lorenzo

5

14

Codeseira

Prado

52

13

Couso Villamor, Mercedes

5

1003

Veira da Casa

Matogueira

331

14

Lorenzo Casanova, Remigio

5

11

Riba da Eira

Prado

121

15

Morujosa Buján, Isidro (hdros. de)

Lorenzo Morujosa, M. Elena (hdros.)

5

10

Horta do Curral

Labradío

1

16

Lorenzo Morujosa, Mª Elena (hdros.)

Rpte. Edita Vázquez Lorenzo

5

000800200NH86A

Chousa do Reboleiro

Matogueira

273

17

Vázquez Lorenzo, Manuel

5

9

Castro Lobos

Eucaliptal

132

18

Varela Vázquez, José

Souto Barco, María Luz

5

1002

Castro Lobos

Matogueira

47

19

Varela Vázquez, José

Souto Barco, María Luz

5

000800100NH86A

Chousa do Reboleiro

Matogueira

175

20

Varela Vázquez, José

5

55

Prado da Sega

Prado

196

21

Lorenzo Casanova, Remigio

Pandelo Lorenzo, María Cristina

5

94

Leira Longa

Prado

Matogueira

7

22

Sánchez Otero, José (hdros. de)

López Peón, Flora (hdros. de)

5

123

A Pena

Prado

561

23

Corral Couso, Tito

5

131

Prado da Pena

Prado

261

24

Couso Prado, Jesús

5

97

Monte Vello

Prado

Carballal

3

25

López Sánchez, Edelmiro (hdros. de)

5

133

Corredoiriña

Labradío

61

26

Sánchez López, José María (hdros.)

Rpte. Manuel e José Sánchez García

5

134

Prado da Pena

Labradío

192

27

Ares López, José

López Ares, María Josefa

López Ares, Antonio

López Ares, María Josefa

5

137

Leira

Labradío

218

28

Prado Barallobre, José (hdros. de)

5

138

Leira da Xesteira

Labradío

44

29

Combo Varela, Pablo

5

153

As Cancelas

Prado

Matogueira

90

30

Prado Quintela, Elías

5

149

Revoltiña

Prado

490

31

Gómez Lorenzo, Esperanza

5

147

Prado da Moruxosa

Prado

97

32

Prado Quintela, Elías

5

148

Prado Grande

Prado

12

529

33

Combo Varela, Pablo

5

144

A Fonte

Labradío

650

34

Couso Prado, Jesús

5

146

Chousa da Fonte

Prado

Matogueira

270

35

Couso Prado, Manuel

5

002400100NH86C

Cameao

Prado

Matogueira

62

36

García Prado, Luis

5

150

Pena Cavada

Prado

Matogueira

27

130

37

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

1025

Paradela

Matogueira

1.442

893

38

Couso Prado, Manuel

5

583

Arda

Labradío

42

39

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

584

Paradela

Matogueira

499

6.158

1.398

1.454

11.613

40

Monte veciñal en man común de Paradela-Toques

Rpte. Jesús Salvador Prieto Carril

5

565

Paradela

Matogueira

4.262

496

1.533

822

1.327

41

Costoya Rabasco, Miguel Ángel

Mosteiro Mosteiro, Laura

1

1388

Bernucho

Matogueira

8

250

2.505

42

Castro Espiño, Celsa

Corral Castro, Luis

1

764

Bernucho

Matogueira

1.605

43

Comunidade parroquial do monte veciñal en man común de Brañas

Rpte. Daniel Penas Barallobre

1

802

Brañas

Matogueira

490

1.277

6.632

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Centro de seccionamento (CSC).

– Torre meteorolóxica (T. met.): plataforma da torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

– Vías: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.