Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61287

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, que van executar os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR815A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, que van executar os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 10 de agosto de 2021, de conformidade coa Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio), para a execución de 5 proxectos para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, que van executar os grupos e centros de investigación das universidades galegas, por un importe global de cento corenta e nove mil novecentos vinte e catro euros (149.924,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas a proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación
en materia de cooperación para o desenvolvemento

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención proposta

Total

Anualidade 2021

Anualidade 2022

PR815A 2021/13

Universidade de Santiago de Compostela agrupada coa Universidade de Vigo

Desenvolvemento e benestar das mulleres vítimas de violencia de xénero desde a xustizaterapéutica

31.500,00 €

29.924,00 €

14.962,00 €

14.962,00 €

PR815A 2021/10

Universidade da Coruña,
Campus de Elviña, en agrupación con Agareso

Familias caboverdianas en Galicia. Impacto para o desenvolvemento da transnacionalización dos coidados e das remesas

32.500,00 €

30.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

PR815A 2021/14

Universidade de Vigo, Campus As Lagoas-Marcosende

Avaliación espacial do cambio climático recente na República de Cabo Verde: bases para a adaptación

34.350,00 €

30.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

PR815A 2021/1

Universidade de Vigo, Campus de Ourense

Recuperación de solos degradados por minaría mediante a aplicación de bioadsorbentes

31.578,94 €

30.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

PR815A 2021/9

Universidade de Santiago de Compostela, Campus Norte, Grupo de Investigación Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE)

Potencialidades da economía circular para o
desenvolvemento sustentábel e inclusivo en países de América Latina

58.002,26 €

30.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

Total convocatoria

187.931,20 €

149.924,00 €

74.962,00 €

74.962,00 €