Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61284

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, a contía e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 14 de xullo de 2021, de conformidade coa Orde do 20 de abril de 2021 (DOG núm. 82, do 3 de maio) para a execución de trece (13) proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cincocentos mil euros (500.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores
e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

Ano 2021

Ano 2022

Total

PR804A 2021-11

Asemblea de Cooperación pola Paz, ACPP, agrupada coa Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

49.070,14

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2021-14

Asemblea de Cooperación pola Paz, ACPP

Elas deciden

36.841,30

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2021-19

Farmacéuticos Mundi, agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela (Servizo de Participación e Integración Universitaria)

A aprendizaxe-servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase II

53.000,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2021-10

Fundación InteRed

De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase II

36.724,03

34.858,18

13.943,27

20.914,91

34.858,18

PR804A 2021-25

Fundación Educación y Cooperación, EDUCO, en agrupación con Fundación Axuda en Acción, Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela (Grupo de Investigación Terceira Xeración (TeXe))

Campaña mundial pola educación 2022 en Galicia

52.313,00

44.943,00

17.977,20

26.965,80

44.943,00

PR804A 2021-26

Arquitectura Sen Fronteiras

Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase 3

39.329,00

34.829,00

13.931,60

20.897,40

34.829,00

PR804A 2021-4

Asociación Enxeñaría sen Fronteiras Galicia, agrupada coa Universidade de A Coruña (Grupo Artigo9Tech)

Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega

54.700,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2021-2

Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

37.632,00

34.927,00

13.970,80

20.956,20

34.927,00

PR804A 2021-20

Asociación Enxeñaría sen Fronteiras Galicia agrupada con Amigos da Terra Galicia

Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida

55.260,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2021-8

Fundación Taller de Solidaridad

En-red-adas no cambio

43.443,50

34.985,00

13.994,00

20.991,00

34.985,00

PR804A 2021-22

Amigos da Terra Galicia

Rede de ecohortas escolares

25.354,00

23.795,50

9.518,20

14.277,30

23.795,50

PR804A 2021-17

Solidariedade Internacional de Galicia

O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación

39.339,40

34.824,63

13.929,85

20.894,78

34.824,63

PR804A 2021-16

Solidariedade Internacional de Galicia, agrupada coa Universidade de A Coruña (Grupo Ecigal)

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de educación para a cidadanía global desenvolvidas no ensino regrado de Galicia. Fase III

46.742,35

44.304,64

16.735,08

25.102,61

41.837,69

Total

502.466,95

200.000,00

300.000,00

500.000,00