Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 1 de decembro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-01644-O-2021.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-01644-O-2021 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador se encontra á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outórgaselle un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulgue oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 1 de decembro de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01644-O-2021

3631-DDZ

09814422T

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste, posuíndoo.

30.7.2021; 8.03; OU-636; 19,0

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 199.9 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.b) do ROTT

201 euros