Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 29 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 231, do mércores 1 de decembro de 2021, cómpre facer a seguinte modificación:

Na páxina 58642, onde di:

«Segundo. Durante o citado prazo poderase consultar o texto do proxecto de decreto no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-entramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions».

Debe dicir:

«Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de decreto no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia, na epígrafe correspondente á normativa en tramitación:

http://transparencia.xunta.gal/

O devandito enlace estará habilitado polo prazo de quince días hábiles seguintes á publicación desta corrección de erros».