Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61229

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional especialista de oficios (xardineiro).

Mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2021 (DOG do 14 de abril e BOE do 29 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional especialista de oficios (xardineiro), pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 16 de xuño de 2021 (DOG do 24 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 21 de xaneiro de 2022, ás 10.00 horas, na aula número 8 da Facultade de Relacións Laborais, Campus Vida (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela