Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61022

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975J).

BDNS (Identif.): 599156.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Ao abeiro desta orde de axudas, serán subvencionables as actuacións que se axusten ao establecido para cada unha das 3 liña de axuda convocadas:

a) Liña 1. Aceites: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado xerado no ámbito doméstico, do comercio e servizos, para destinalo á valorización para a obtención de biocarburante.

b) Liña 2. Téxtiles: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais para destinalos a preparación para á reutilización ou reciclaxe.

c) Liña 3. Puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe.

O período subvencionable será o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2022, ambos incluídos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975J).

Cuarto. Contía

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, código de proxecto 2022 00035, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 consonte o seguinte:

Aplicación

Importe 2022

Total

08.02.541D.760.1

2.213.583 €

2.213.583 €

A distribución do orzamento por liña será o seguinte:

Liña

Importe

L1. Aceites

200.000

L2.Téxtiles

536.276 €.

L3. Puntos limpos móbiles

1.477.307 €.

Total

2.213.583 €

O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 15.000 €, 20.000 € e 70.000 € para as L1, L2 e L3, respectivamente. Non obstante, estas cantidades poderá ampliarse no caso de solicitudes presentadas conxuntamente.

O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto.

As actuacións están cofinanciadas nun 90 % polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día 15 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022, ambos incluídos.

Sexto. Outros datos

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda