Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 14 de decembro de 2021 Páx. 61268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, co procedemento abreviado 367/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 367/2021 (procedemento abreviado), interposto por Miguel Álvarez Sanz fronte á Resolución do 10 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento de acceso aos graos I a IV de carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro), así como contra a desestimación tácita do recurso de alzada deducido contra a Resolución do 8 de marzo de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, notificada o 11 de marzo de 2021, pola que se inadmite a solicitude de recoñecemento de acceso ao grao I da carreira profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos