Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de novembro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 329/2021 no expediente de reposición da legalidade POL/14/2020.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 329/2021, interposto pola entidade con CIF B84930825, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, das denuncias formuladas fronte as obras de vivenda unifamiliar, muros de peche e contención, edificacións auxiliares da vivenda e piscina, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de Sar-Beluso, concello de Bueu, parcela catastral L20115900NG18G0001HJ, expediente POL/14/2020, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e emprázase a Jesús Santomé Martínez para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística