Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 13 de decembro de 2021 Páx. 60397

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2021 pola que se nomean os membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 45, do 4 de marzo), pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social, establece no seu artigo 1 a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de traballo.

Concretamente, no seu artigo 2 establécense a composición e o procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

Unha vez finalizado o mandado dos membros non natos desta Comisión Consultiva, segundo o establecido no artigo 2.4 da Orde do 21 de febreiro de 2008, da súa creación, mediante esta resolución procédese á súa renovación.

O Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade, inclúe no seu artigo 3.2, como entidade adscrita a esta consellería, a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único

1. Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma, as persoas que se relacionan a seguir:

– Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

Titular: José Carlos Rodríguez del Río.

Suplente: Mar Martín González.

– Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia):

Titular: Maica Bouza Seoane.

Suplente: Xesús Castro Baamonde.

– Pola Confederación Intersindical Galega (CIG):

Titular: Francisco Xavier González Sío.

Suplente: Susana Méndez Rodríguez.

2. Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta da organización empresarial máis representativa, as persoas que se relacionan a seguir:

Titular: Marina Graña Bermúdez.

Titular: Jaime Luis López Vázquez.

Titular: Enrique Mallón Otero.

Suplente: José Antonio Neira Cortés.

Suplente: José Manuel Maceira Blanco.

Suplente: Héctor Torres Laguna.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade