Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas na OEP 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 224, do venres 19 de novembro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra na OEP 2021.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 4 de novembro de 2021, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2021, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 6. Denominación: administrativo/a. Das seis prazas convocadas, cinco cubriranse mediante o procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 2. Denominación: auxiliar. Das dúas prazas convocadas, unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: agrupación profesional. Clasificación: escala de administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 4. Denominación: subalterno/a. As catro prazas convocadas cubriranse mediante quenda libre e reservarase unha delas para persoas con discapacidade intelectual (discapacidade intelectual) e dúas para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 2. Denominación: aparellador/a-arquitecto/a técnico/a, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: sepultureiro/a. Das dúas prazas convocadas, unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: agrupación profesional. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 3. Denominación: operario/a, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación, nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 19 de novembro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Alcaldía do 5.2.2021)
José Manuel González Abal
Director xeral de Recursos Humanos