Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 29 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o anexo ao proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración do arrendamento parcial Vilafría número 1544.3 (PO/C/1544.3), situado no termo municipal do Porriño, Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o anexo ao proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración do arrendamento parcial Vilafría número 1544.3 (PO/C/1544.3), pertencente á concesión de explotación de recursos da sección C) Benedicta número 1544 (PO/C/01544), situado no termo municipal do Porriño, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 29 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra