Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 10 de decembro de 2021 Páx. 60217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 1 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte da Neve e liña de evacuación, situado nos concellos de Celanova e Verea, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/102).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Engage Intelligenty, S.L.U.; CIF: B88333380.

• Denominación do proxecto: parque eólico Monte da Neve.

• Concellos afectados: Celanova e Verea (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 42 MW.

• Número de aeroxeradores: 7×6 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción neta anual estimada: 134.877 GWh/ano.

• Subestación: parque eólico Monte da Neve 30/220KV.

• Liña de evacuación SET PE Monte da Neve, apoio nº 53 da LAT 220 kV SET Fonsanta/SET Frieira.

• Prazo de execución: 52 semanas.

• Orzamento de execución material: 26.746.257,61 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

• Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

V01

582.875

4.664.785

V02

584.410

4.664.785

V03

585.300

4.664.065

V04

585.920

4.662.915

V05

585.920

4.662.460

V06

584.040

4.662.460

V07

582.875

4.663.560

V08

582.505

4.664.310

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a subestación (SET) son:

UTM-X

UTM-Y

T01

582.885

4.664.398

T02

583.031

4.664.099

T03

583.268

4.663.753

T04

583.710

4.663.750

T05

584.377

4.663.859

T06

584.602

4.663.628

T07

585.617

4.662.744

SET

584.390

4.663.252

As coordenadas previstas en proxecto para os apoios da liña eléctrica de evacuación son:

UTM-X

UTM-Y

MD N-01

584.390

4.663.170

MD N-02

584.387

4.662.871

Apoio nº 53

584.184

4.662.542

As coordenadas previstas en proxecto para a torre meteorolóxica son:

Torre

UTM-X

UTM-Y

TM

584.492

4.663.697

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 7 aeroxeradores modelo SG155 6.0 de 6 MW do fabricante Siemens Gamesa, cunha altura de buxa de 102,5 m, diámetro de rotor de 155 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 7.200 kVA e relación de transformación de 0.69/30 ± 2×2,5 % kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por tres circuítos con condutores tipo Al RHZ1-OL 18/30 (36) kV de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores T01 e T02, circuíto 2 para os T03 e T04 e o circuíto 3 para os T05, T06 e T07.

– Subestación PE Monte da Neve 30/220 kV, con parque a nivel de 220 kV en intemperie con aparellaxe convencional e seguintes elementos: embarrado, 2 posicións de liñas máis unha de trafo, cos equipos necesarios de protección e medida; e un transformador de potencia de 50 MVA e relación de transformación 220/30 kV. En 30 kV SET PE Monte da Neve, cos seguintes elementos: reactancia de posta á terra, con limitación de corrente a 500 A, 15 s; unha posición de trafo do parque eólico; unha posición de transformador, con trafo de SS.AA.; unha posición de compensación de reactiva e catro posicións de liña, unha de reserva, para a conexión dos aeroxeradores. Todo iso co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.

– Liña de evacuación: LAT a 220 kV en dobre circuíto con condutor simplex tipo 242-AL1/39-ST1A [LA-280], de 740 m de lonxitude sobre 3 apoios metálicos de celosía, con orixe na subestación colectora PE Monte da Neve e fin no apoio nº 53 da LAT 220 kV SET Fonsanta/SET Frieira.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (asinado o 16.9.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 17.9.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (asinado o 16.9.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou as observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Pódese examinar toda a documentación nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 1 de decembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense