Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59614

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de decembro de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a súa publicación completa e non parcial.

En consecuencia, por proposta da Academia Galega de Seguridade Pública e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de decembro de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade a continuación se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PR.B01.00.001.36170.030

Xefatura de Servizo de Formación en Seguridade Pública

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia.

Especial responsabilidade por exercer a representación institucional da Xunta de Galicia.

PR.B01.00.001.36170.040

Xefatura de Servizo de Formación en Emerxencias

Especial responsabilidade por garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia.

Especial responsabilidade por exercer a representación institucional da Xunta de Galicia.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de decembro de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Academia Galega de Seguridade Pública, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

G0597-20211202-1G-0005-V01.pdf
G0597-20211202-1G-0005-V01.pdf