Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59611

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de decembro de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Emprego e Igualdade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de decembro de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade, como consecuencia de erros detectados na tramitación da relación de postos de traballo aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021 (DOG núm. 158, do 18 de agosto) e que afectan determinados postos de traballo que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que adquira efectos desde o día 19 de agosto de 2021, data de entrada en vigor da relación de postos de traballo anterior.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de decembro de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file