Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa forestal.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentar a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ponteceso, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

20.8.2019

3406321NH0930N0001QE

Bo Campo, Ponteceso, A Coruña

Laura Cousillas Lamas

11.11.2020

15069A006000330000PU

Mato Redondo, Ponteceso, A Coruña

6

33

Jesús Souto Varela

25.11.2020

15069A006002570000PH

Carballalba, Ponteceso, A Coruña

6

257

Benedicta Isabel García Martínez

25.11.2020

15069A006000380000PY

Carballeira, Ponteceso, A Coruña

6

38

José Martínez Ures

12.1.2020

15069A006000360000PA

Carballeira, Ponteceso, A Coruña

6

36

José García Pose

17.11.2020

15069A174013490000LK

Mina, Ponteceso, A Coruña

174

1349

Herdeiros de Basilisa Pérez Costa

11.11.2020

15069A174013460000LF

Petón, Ponteceso, A Coruña

174

1346

Herdeiros de Carmen Pérez Varela

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da última publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

2º. En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata, no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada que se reflicte na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

2019/X999/000256

3406321NH0930N0001QE

0,00636

157,30 €

2019/X999/000355

15069A006000330000PU

0,07229

874,71 €

2019/X999/000371

15069A006002570000PH

0,00403

1.151,92 €

2019/X999/000372

15069A006000380000PY

0,00466

758,91 €

2019/X999/000384

15069A006000360000PA

0,05103

878,94 €

2019/X999/000411

15069A174013490000LK

0,03516

1.830,97 €

2019/X999/000414

15069A174013460000LF

0,41373

5.506,75 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Ponteceso, 15 de novembro de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde