Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59119

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras.

A Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras aproba diferentes anexos relativos aos distintos modelos de ingreso que se recollen nas contas restrinxidas de recadación, ao modelo de relación de saldos das contas restrinxidas correspondentes á quincena de que se trate e aos deseños dos rexistros de ingresos coa información enviada polas entidades colaboradoras.

A Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, dispón no seu artigo 3.2 que a aplicación do sistema tributario se baseará, entre outros, nos principios de limitación dos custos indirectos derivados do cumprimento de obrigas formais por parte dos obrigados tributarios.

O artigo 96 da mencionada Lei 58/2003, do 17 de decembro, establece que a Administración tributaria promoverá a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, coas limitacións que a Constitución e as leis establezan.

Así mesmo, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai fincapé na necesidade de fomentar as novas tecnoloxías aplicadas aos procedementos xestores de tributos como un instrumento idóneo para conxugar os principios de eficacia da Administración tributaria e a limitación dos custos indirectos ao contribuínte.

Así, na necesidade de impulsar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e de crear novas vías de pagamento para facilitar aos cidadáns o cumprimento das súas obrigas, ponse de manifesto a necesidade de simplificar a achega da información dos ingresos polas entidades colaboradoras ademais de actualizala para adaptala as melloras que se foron implementando.

Por outra banda, o Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia, aprobou a imaxe corporativa institucional do Goberno e do sector público autonómico de Galicia, polo que cómpre adaptar neste sentido o modelo do anexo III.

Por todo o exposto, é necesaria a modificación dos anexos da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. A devandita norma habilita, na súa disposición adicional segunda, a persoa titular da dirección da Atriga para actualizar, cando sexa preciso, mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, os anexos a esta orde co obxecto de mantelos adaptados á normativa aplicable.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras, que pasan a ser os seguintes:

ANEXO I

Modelos de ingreso de declaracións-liquidacións, autoliquidacións e de taxas, prezos e sancións vía telemática

002. Imposto sobre a contaminación atmosférica. Estimación directa.

003. Imposto sobre a contaminación atmosférica. Autoliquidación anual.

011. Imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Autoliquidación.

012. Canon eólico. Autoliquidación.

013. Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM). Autoliquidación.

041. Taxa fiscal de apostas deportivas e de competición. Autoliquidación.

043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Autoliquidación.

044. Taxa fiscal sobre o xogo. Casinos. Autoliquidación.

045. Taxa fiscal do xogo. Máquinas de xogo.

046. Taxa fiscal do xogo realizado mediante máquinas de xogo. Resumo de autoliquidacións.

600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

610. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pagamento en metálico do imposto que grava os documentos mercantís admitidos a negociación ou cobramento por entidades colaboradoras.

615. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pagamento en metálico do imposto que grava a emisión de documentos que comporten acción cambiaria ou sexan endosables á orde.

620. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados.

630. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Pagamento en metálico do imposto que grava as letras de cambio.

650. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-sucesións.

651. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-doazóns.

731. Taxas prezos e sancións.

ENTIDADES AUTORIZADAS PARA PRESENTACIÓN E PAGAMENTO DE AUTOLIQUIDACIÓNS POR VÍA TELEMÁTICA.

717. Autoliquidacións telemáticas ou con NRC.

739. Taxas, prezos e sancións vía telemática.

ANEXO II

Modelos de ingreso de liquidacións notificadas, domiciliación
de autoliquidacións e vencementos de prazos

707. Liquidacións practicadas pola Administración.

708. Pagamentos aprazados ou fraccionados.

990. Providencia de constrinximento.

991. Ingresos en zona.

992. Embargo efectivo.

993. Embargo contas.

994. Embargo créditos.

995. Embargo inmobles.

996. Outros embargos.

998. Embargos mecanizados.

735. Pagamentos domiciliados de taxas e prezos.

736. Domiciliación autoliquidacións.

ENTIDADES AUTORIZADAS PARA PRESENTACIÓN E PAGAMENTO DE LIQUIDACIÓNS POR VÍA TELEMÁTICA.

706. Liquidacións telemáticas ou con NRC.

ANEXO III

Relación de saldos das contas restrinxidas de recadación

Entidade colaboradora: ___________________ Clave: ____________________

Período: de____/____/____a____/____/____

Conta restrinxida de recadación

Importe

Declaracións-liquidacións, autoliquidacións

Liquidacións, notificacións

Taxas, prezos, multas e sancións

Total saldos

____________________________, ________de __________de_______

Sinaturas autorizadas, entidade colaboradora

ANEXO IV

Deseños dos rexistros de ingresos coa información enviada
polas entidades colaboradoras

Tipos de rexistro

1. Entidade presentadora.

2. Entidade colaboradora.

3. Detalle.

4. Subtotal entidade colaboradora e tipo de detalle.

5. Subtotal entidade colaboradora.

6. Total entidade presentadora.

Orde de gravación dos rexistros

1. Entidade presentadora.

2. Entidade colaboradora tipo A ou L (dependendo do soporte).

3. Detalle (comeza a secuenciación).

4. Subtotal entidade colaboradora e tipo de detalle.

3. Detalle (comeza a secuenciación).

5. Subtotal entidade colaboradora (finaliza a secuenciación).

2. Entidade colaboradora tipo A ou L (dependendo do soporte).

3. Detalle (comeza a secuenciación).

4. Subtotal entidade colaboradora e tipo de detalle.

5. Subtotal entidade colaboradora (finaliza a secuenciación).

.....

6. Total entidade presentadora.

A secuenciación comezará para cada entidade colaboradora co primeiro rexistro de detalle (tipo 3) ata o correspondente de subtotal (tipo 5).

Dado que existen dúas contas restrinxidas de recadación, unha de liquidacións notificadas e outra de declaración-liquidación autoliquidación, enviaranse soportes diferentes para cada unha delas.

Deseño do rexistro de entidade presentadora (tipo 1)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 1 (Cabeceira Ent. Present.)

2-5

NUM.

CÓDIGO DA ENTIDADE PRESENTADORA

6-6

ALF.

TIPO DE PRESENTACIÓN = I (INGRESOS)

7-7

ALF.

TIPO DE INGRESOS

A = AUTOLIQUIDACIÓN

L = LIQUIDACIÓN

8-15

NUM.

NÚMERO DE QUINCENA (AAAAMMQQ)

AAAAMM01 Para as quincenas que finalicen o día 5 do mes.

AAAAMM02 Para as quincenas que finalicen o día 20 do mes.

16-17

NUM.

DELEGACIÓN AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

(Presentación en servizos centrais = 57)

18-90

ALF.

FILLER (a brancos)

Deseño do rexistro de cabeceira de entidades colaboradoras (tipo 2)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 2 (Cabeceira Ent. Colaboradora)

2-5

NUM.

CÓDIGO DE ENTIDADE COLABORADORA

6-6

ALF.

TIPO DE PRESENTACIÓN = I (INGRESOS)

7-7

ALF.

TIPO DE INGRESOS:

A = AUTOLIQUIDACIÓN

L = LIQUIDACIÓN

8-15

NUM.

NÚMERO DE QUINCENA (AAAAMMQQ)

AAAAMM01 Para as quincenas que finalicen o día 5 do mes.

AAAAMM02 Para as quincenas que finalicen o día 20 do mes.

16-17

NUM.

DELEGACIÓN AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

(Presentación en servizos centrais = 57)

18-19

NUM.

NÚMERO DE ORDE DA PRESENTACIÓN

Será o número que identifique as presentacións dunha entidade colaboradora nunha quincena. A primeira presentación da quincena sempre terá o número = 01. Se hai presentacións complementarias nunha mesma quincena, deberán ir incrementando este número. As presentacións correspondentes a soportes previamente rexeitados por erro non incrementan este contador. Sempre levarán o número da presentación orixinal en que se detectaron os erros.

20-27

NUM.

DATA DE INGRESO (AAAAMMDD).

(Esta data só será necesaria consignala nos rexistros tipo ingreso=A (autoliquidación)

28-90

ALF.

FILLER (a brancos)

Deseño do rexistro de detalle de autoliquidacións (tipo 3)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 3 (DETALLE)

2-8

NUM.

NÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO DE DETALLE NA ENT. COLABORADORA. O PRIMEIRO REXISTRO DE DETALLE TERÁ O VALOR 0000001.

9-13

NUM.

CÓDIGO DELEGACIÓN DO DOCUMENTO. LIBRE PARA TODOS OS MODELOS

14-15

ALF.

FILLER

16-17

NUM.

EXERCICIO DA AUTOLIQUIDACIÓN. LIBRE PARA TODOS OS MODELOS

18-19

ALF.

PERÍODO. LIBRE PARA TODOS OS MODELOS

20-22

NUM.

MODELO DA AUTOLIQUIDACIÓN:

– Modelo 002. Imposto sobre contaminación atmosférica. Estimación directa.

– Modelo 003. Imposto sobre contaminación atmosférica. Declaración resumo.

– Modelo 011. Imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Autoliquidación.

– Modelo 012. Canon eólico. Autoliquidación.

– Modelo 013. Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM). Autoliquidación.

– Modelo 041. Taxa fiscal de apostas deportivas e de competición. Autoliquidación.

– Modelo 043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Autoliquidación.

– Modelo 044. Taxa fiscal sobre o xogo. Casinos. Autoliquidación.

– Modelo 045. Taxa fiscal do xogo. Máquinas de xogo.

– Modelo 046. Taxa fiscal do xogo realizado mediante máquinas de xogo. Resumo de autoliquidacións.

– Modelo 600. Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (AXD).

– Modelo 610. Imposto sobre transmisións e AXD. Recibos negociados por entidade de crédito.

– Modelo 615. Imposto sobre transmisións e AXD. Pagamento en metálico do imposto que grava a emisión de documentos que comporten acción cambiaria ou sexan endosables á orde.

– Modelo 620. Imposto sobre a transmisión entre particulares de determinados medios de transporte usados.

– Modelo 630. Imposto sobre actos xurídicos documentados. Exceso letras de cambio.

– Modelo 650. Imposto sobre sucesións.

– Modelo 651. Imposto sobre doazóns.

– Modelo 717. Autoliquidacións telemáticas ou con NRC.

– Modelo 739. Taxas, prezos, multas e sancións telemáticas ou con NRC.

– Modelo 731. Carta de pagamento de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

23-34

NUM.

NÚM. DE DOCUMENTO DA AUTOLIQUIDACIÓN OU XUSTIFICANTE

35

ALF.

DÍXITO DE CONTROL

36-36

ALF.

EN BRANCO

37-45

ALF.

NIF DO CONTRIBUÍNTE

46-49

ALF.

FILLER

50-53

NUM.

CÓDIGO DE SUCURSAL DO INGRESO

54-66

NUM.

IMPORTE INGRESADO

67-74

NUM.

DATA DO INGRESO (AAAAMMDD)

75-86

ALF.

DATO ESPECÍFICO: LIBRE

87-90

ALF.

FILLER

Deseño do rexistro de detalle de documentos notificados (tipo 3)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 3 (DETALLE)

2-8

NUM.

NÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO DE DETALLE NA ENT. COLABORADORA. O PRIMEIRO REXISTRO DE DETALLE TERÁ O VALOR 0000001

9-11

NUM.

CÓDIGO DE MODELO:

– Modelo 990. Providencia de constrinximento.

– Modelo 991. Ingresos en zona de recadación.

– Modelo 992. Embargo de efectivo en zonas de recadación.

– Modelo 993. Embargo de contas abertas en entidades de depósito.

– Modelo 994. Embargo de créditos, soldos, salarios e pensións.

– Modelo 995. Embargo de inmobles, establecementos mercantís.

– Modelo 996. Outros embargos.

– Modelo 998. Embargo mecanizado.

– Modelo 706. Liquidacións telemáticas ou con NRC.

– Modelo 707. Liquidacións notificadas pola Administración.

– Modelo 708. Pagamentos aprazados ou fraccionados.

– Modelo 736. Domiciliación autoliquidacións.

– Modelo 735. Pagamentos domiciliados de taxas e prezos.

12-13

NUM.

CÓDIGO DELEGACIÓN DO DOCUMENTO. LIBRE PARA TODOS OS MODELOS

14-27

NUM.

NÚM. DE DOCUMENTO OU XUSTIFICANTE

28-29

ALF.

DÍXITO DE CONTROL

30-37

NUM.

DATA DO INGRESO (AAAAMMDD)

38-50

NUM.

IMPORTE DO INGRESO

51-54

NUM.

SUCURSAL DO INGRESO

55

ALF.

EN BRANCO

56-64

ALF.

NIF DO DEBEDOR

65-72

NUM.

DATA DE IDENTIFICACIÓN FASE-3 (AAAAMMDD) (1)

73-90

ALF.

FILLER

(1) Só se cumprirá no caso de ingresos con código de modelo 998.

Deseño do rexistro de subtotais (tipo 4)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 4 (SUBTOTAIS)

2-8

NUM.

NÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO

9-11

NUM.

MODELO A QUE CORRESPONDE O SUBTOTAL

12-18

NUM.

CONTADOR TOTAL DE REXISTROS (TIPO-3) DO MODELO

19-32

NUM.

SUMA DOS IMPORTES DOS REXISTROS DE DETALLE DO MODELO

33-90

ALF.

FILLER

Deseño do rexistro do totais (tipo 5)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 5 (TOTAIS)

2-8

NUM.

NÚMERO DE SECUENCIA DO REXISTRO

9-11

NUM.

CONTADOR DE REXISTROS DO TIPO 4

12-18

NUM.

CONTADOR TOTAL DE REXISTROS (2, 3, 4)

19-32

NUM.

SUMA TOTAL DOS IMPORTES DOS REXISTROS DE DETALLE DE TODOS OS MODELOS

33-36

NUM.

CÓDIGO ENTIDADE COLABORADORA

37-90

ALF.

FILLER

Deseño do rexistro final da ent. presentadora (tipo 6)

POSIC.

TIPO

DESCRICIÓN

1-1

NUM.

TIPO DE REXISTRO = 6 (FINAL)

2-5

NUM.

CÓDIGO DA ENTIDADE PRESENTADORA

6-7

NUM.

NÚMERO DE ENT. COLABORADORAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO

8-14

ALF.

NÚMERO TOTAL DE REXISTROS TRANSMITIDOS (TIPO 1, 2, 3, 4, 5)

15-90

ALF.

FILLER

Validacións e posibles erros

Díxitos de control

Códigos de barras

• Tipo de rexistro 1 (entidade presentadora).

Tipo de rexistro distinto de 1: grave.

A entidade presentadora non é unha entidade válida: grave.

O tipo de presentación non é igual a I (ingresos): leve.

O tipo de ingreso non é A (autoliquidacións) nin L (liquidacións): grave.

O número de quincena non se axusta ao formato AAAAMM01 ou AAAAMM02, onde AAAA é o exercicio e MM é o mes: grave.

A delegación non é 57: leve.

• Tipo de rexistro 2 (entidade colaboradora).

Tipo de rexistro distinto de 2: grave.

A entidade colaboradora non é unha entidade válida: grave.

O tipo de presentación non é igual a I (ingresos): leve.

O tipo de ingreso non é A (autoliquidacións) nin L (liquidacións): leve.

O número de quincena non se axusta ao formato AAAAMM01 ou AAAAMM02, onde AAAA é o exercicio e MM é o mes: grave.

O número de quincena non coincide co do rexistro tipo-1: leve.

A delegación non é 57: leve.

• Tipo de rexistro 3 (detalle de autoliquidacións).

Tipo de rexistro distinto de 3: grave.

O número de secuencia do rexistro tipo-3 non é correcto: grave.

O código de delegación do documento non é válido: leve.

Exercicio non válido: leve.

Período non válido: leve.

O código de modelo é distinto aos autorizados: grave.

O código de modelo é distinto ao código de modelo do primeiro rexistro de tipo 3: grave.

O número do documento non é coherente co código do modelo que se indica: grave.

Non se corresponde co grupo-subtotal en que se presenta: grave.

O díxito de control non cumpre coa rutina de cálculo para autoliquidacións: leve.

O NIF non é correcto: leve.

O importe do ingreso é igual a ceros: grave.

A data real do ingreso non é correcta ou é maior ao período informado: grave.

• Tipo de rexistro 3 (detalle de notificadas).

Tipo de rexistro distinto de 3: grave.

O número de secuencia do rexistro tipo-3 non é correcto: grave.

O código de modelo é distinto aos autorizados: grave.

O código de modelo é distinto ao código de modelo do primeiro rexistro de tipo-3: grave.

O número do documento non é coherente co código do modelo que se indica: grave.

Non se corresponde co grupo-subtotal en que se presenta: grave.

O código de delegación do documento non é válido: leve.

O díxito de control non cumpre coa rutina de cálculo para notificadas: leve.

O NIF non é correcto: leve.

O importe do ingreso é igual a ceros: grave.

A data real do ingreso non é correcta ou é maior ao período informado: grave.

A data identificación FASE-3 non é correcta: grave.

• Tipo de rexistro 4 (subtotais autoliquidacións/liquidacións).

Tipo de rexistro distinto de 4: grave.

O número de secuencia do rexistro tipo-4 non é correcto: grave.

O código de modelo é distinto aos autorizados ou o modelo contabilizado non é o correcto: grave.

O código de modelo do rexistro tipo-4 non coincide co do rexistro tipo-3: grave.

O contador de rexistros por modelo do rexistro tipo-4 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-3 correspondentes: grave.

O total de importes por modelo do rexistro tipo-4 non coincide coa sumatoria dos importes dos rexistros tipo-3 correspondentes: grave.

• Tipo de rexistro 5 (totais autoliquidacións).

Tipo de rexistro distinto de 5: grave.

O número de secuencia do rexistro tipo-5 non é correcto: grave.

O código da entidade colaboradora do rexistro tipo-5 non coincide coa do rexistro tipo-2: grave.

O contador de rexistros do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-4 correspondentes: grave.

O contador total de rexistros do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-2, tipo-3 e tipo-4 do envío: grave.

O total de importes do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos importes dos rexistros de detalle de todos os modelos: grave.

• Tipo de rexistro 5 (totais notificadas).

Tipo de rexistro distinto de 5: grave.

O número de secuencia do rexistro tipo-5 non é correcto: grave.

O código da entidade colaboradora do rexistro tipo-5 non coincide coa do rexistro tipo-2: grave.

O contador de rexistros do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-4 correspondentes: grave.

O contador total de rexistros do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-2, tipo-3 e tipo-4 do envío: grave.

O total de importes do rexistro tipo-5 non coincide coa sumatoria dos importes dos rexistros de detalle de todos os modelos: grave.

• Tipo de rexistro 6 (totais da ent. presentadora).

Tipo de rexistro distinto de 6: grave.

O código da entidade presentadora do rexistro tipo-6 non coincide coa do rexistro tipo-1: grave.

O número de entidades colaboradoras do rexistro tipo-6 non é correcto: grave.

O contador total de rexistros do rexistro tipo-6 non coincide coa sumatoria dos rexistros tipo-1, tipo-2, tipo-3, tipo-4 e tipo-5 do envío: leve.

Cálculo do díxito de control

En autoliquidacións e novos documentos notificados 706, 707 e 708 e modelos 735 e 736:

O díxito de control calcúlase con DSR7: (7 - (MMMNNNNNNNNN módulo 7)) módulo 7, onde MMMNNNNNNNNN é o número de documento.

No resto dos documentos notificados sumarase:

09-11. Código de modelo,

12-13. Delegación da Axencia Tributaria de Galicia,

14-27. Número de documento,

38-50. Campo importe do ingreso (*).

Ao resultado da suma calcularáselle o díxito de control da mesma forma que para a letra do NIF.

(*) No caso dos modelos 993, 994, 995 e 996, para o cálculo do díxito verificador, o campo importe considérase a ceros.

Código de barras dos modelos 707, 708, 731, 717, 706, 739. Formato 518-Liquidacións comunidades autónomas descrito no caderno 65-Recadación de tributos, taxas, impostos e outros ingresos autonómicos:

Post.

Long.

Tipo

Descrición

1

1

2

N

Identificador de aplicación (90)

2

3

3

N

Tipo de formato (518)

3

6

5

N

Código de organismo (71006)

4

11

6

N

Código territorial (non se usa, 000000)

5

17

13

N

Número de xustificante (MMMNNNNNNNNND)

O díxito de control calcúlase co algoritmo das autoliquidacións:

D = (7 - (MMMNNNNNNNNN resto 7))

resto 7

6

30

15

N

Total ingresar (axustado á dereita, recheo de ceros á esquerda e en céntimos de euro)

7

45

9

AN

NIF do contribuínte (XNNNNNNNX)

8

54

4

AN

Anagrama (non se usa, espazos)

Exemplo:

90 518 71006 000000 7070600000012 000000000000100 00000000T

Código de barras dos modelos de autoliquidación (excepto modelos 717, 731 e 739). Formato 017-Autoliquidacións comunidades autónomas descrito no caderno 65-Recadación de tributos, taxas, impostos e outros ingresos autonómicos:

Post.

Long.

Tipo

Descrición

1

1

2

N

Identificador de aplicación (90)

2

3

3

N

Tipo de formato (017)

3

6

5

N

Código de organismo (71006)

4

11

1

N

Díxito de paridade (0)

5

12

3

N

MMM-Modelo de documento de autoliquidación

6

15

9

N

NNNNNNNNN-Número de documento

7

24

1

AN

Díxito de control DSR 7 sobre as posicións 12 a 23: (7-(MMMNNNNNNNNN módulo 7)) módulo 7

Exemplo:

900 17 7100 6 0 620 030000001 1

ANEXO V

Especificacións técnicas taxas

– Descrición do ficheiro de taxas:

001-009 Alfa Número de taxa (documento).

010-011 Núm. Consellería.

012-013 Núm. Servizo.

014-015 Núm. Delegación.

016-025 Alfa DNI/CIF

026-075 Alfa Nome e apelidos/denominación social (*1).

076-079 Núm. Banco.

080-083 Núm. Sucursal.

084-089 Núm. Taxa (código).

090-097 Núm. Data (AAAAMMDD).

098-107 Núm. Importe (*2).

(*1) No caso de que o rexistro corresponda a unha sanción: as 15 últimas posicións deste campo (posicións 061-075) utilizaranse para o número de expediente.

(*2) O importe especifícase en céntimos de euro (sen carácter decimal).

Cálculo do díxito de control

O díxito de control calcúlase obtendo o módulo en base 7 do código numérico da taxa e restándoo de 7:

Díxito control = 7-(código numérico documento MOD 7).

Deste modo os valores posibles do díxito de control están entre 1 e 7.

Hai que ter en conta que hai algúns documentos antigos en que cando o díxito de control obtido era 7 se pasaba a 0.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia