Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58903

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR303B).

Mediante a Orde do 5 de agosto de 2021, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 162, do 24 de agosto de 2021, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para a programación de accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2021 e 2022.

No artigo 43 da orde de convocatoria recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.05.323B.471.0 e 11.05.323B.481.0, cunha contía inicial de 4.000.000 €, distribuída entre as anualidades 2021 (2.000.000 €) e 2022 (2.000.000 €), correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 43 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesario realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022, redistribuíndo o antedito crédito da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2021

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

11.05.323B.471.0

1.500.000,00

491.971,10

1.991.971,10

11.05.323B.481.0

500.000,00

-491.971,10

8.028,90

Total

2.000.000,00

2.000.000,00

Anualidade 2022

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

11.05.323B.471.0

1.500.000,00

58.487,50

1.558.487,50

11.05.323B.481.0

500.000,00

-58.487,50

441.512,50

Total

2.000.000,00

2.000.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación