Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vedra (expediente-e IN407A 2021/169-1).

Nº de expediente-e: IN407A 2021/169-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira, nos lugares de Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

1. Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 1), cunha lonxitude de 39 metros e con orixe na LMT PAI802-apoio ABIG46QP//68-8-12 (para substituír) (expediente 51102), condutor tipo LA-56 mm² Al e remate no CT San Pedro de Sarandón (15CH72) (expediente-e IN407A 2019/144-1).

• Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 2), cunha lonxitude de 836 m e con orixe na LMT PAI802-apoio ABIG46QP//68-8-12 (para substituír), condutor tipo LA-56 mm² Al e remate no CT Cubelas (proxectado).

• Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 3), cunha lonxitude de 690 m e con orixe no apoio C 3000/20 na derivada ao CT Cubelas, condutor tipo LA-56 mm² Al e remate no CT Ribeira (proxectado).

• Liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV (actuación número 4), cunha lonxitude de 102 m e con orixe no apoio AC6R5N8T//68-8-1, condutor tipo LA-56 mm² Al e remate no apoio AC4VAGT0//68-8-2 (para substituír).

• Centros de transformación intemperie Cubelas e Ribeira, cunha potencia de 100 kVA cada un e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 9 de novembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/169-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Cubelas e Ribeira, nos lugares de Cubelas e Ribeira.

Concello: Vedra.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietaria/o

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

Ml aér.

Ml sot.

M² aér

1

506/458 Sarandón

Labor

Salomé Cao Pazos

119,0

2

506/457 Sarandón

Labor

Descoñecido/a

6

4,0

32,64

409,4

3

506/452 Sarandón

Labor e monte alto

José Manuel Barco Carril

7

4,0

103,56

1.656,88

4

506/425 Sarandón

Monte alto

Carlos Mogo Valdes

8

4,0

133,22

2.133,0

5

506/400 Sarandón

Monte alto

María Teresa Vicente Presas

9

2,0

158,2

2.530,0

6

506/401 Sarandón

Monte alto

Gerardo Pereiro Tato

63,66

1.023,0

8

506/397 Sarandón

Labor e viña

Mar de Frades, S.L.

16,38

259,24

9

506/408 Sarandón

Monte alto e labor

Celestino Lata Carbia

12

2,0

154,86

2.455,8

10

506/416 Sarandón

Labor

Manuel Tato Balboa

22,2

11

506/415 Sarandón

Labor

José Ares Betetos

13

9,0

49,0

937,0

12

506/411 Sarandón

Labor

Manuel Tato Balboa

1,0

115,0

13

506/329 Sarandón

Labor

Obdulia Pereiras González

14 (centro transf.)

9,0

8,0

115,0

14

506/424 Sarandón

Monte alto

Jesús Manuel Louro Boo

60,0

15

506/423 Sarandón

Monte alto

Herdeiras/os de Manuel Carbajales Valdes

31,26

485,0

16

506/422 Sarandón

Monte alto

Antonio Castro Crespo

42,64

683,0

17

506/421 Sarandón

Monte alto

María Esther Crespo Carbia

15

2,0

77,1

1.234,0

18

506/170 Sarandón

Monte alto

María Magdalena Cea Rey

5,93

117,0

19

506/171 Sarandón

Monte alto

María Esther Crespo Carbia

58,67

918,0

20

506/172 Sarandón

Monte alto

Minerva Carril Mareque

16

2,0

58,52

936,0

21

506/174 Sarandón

Monte alto

Lidia Sinde Gil

23,54

295,0

22

506/173 Sarandón

Monte alto

Celestino Lata Carbia

29,11

459,0

23

506/177 Sarandón

Monte alto

Herdeiras/os de José Antonio Luis Barros Cajaraville

69,25

1.109,0

24

506/178 Sarandón

Monte alto

Herdeiras/os de Esperanza García Vicente

17

2,0

101,24

1.628,0

25

506/159 Sarandón

Prado

Herdeiras/os de Esperanza García Vicente

18-19 (centro transf.)

18,0

106,0

1.678,4

26

506/57 Sarandón

Labor

Descoñecida/o

20

9,0

18,18

277,0

Abreviacións:

• Ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

• Ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

• M² aér.: superficie de servidume aérea en m².

• M² sot.: superficie de servidume soterrada en m².