Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 1 de decembro de 2021 Páx. 58657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).

Consonte o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha axeitada atención, con anterioridade á referida comparecencia deberase concertar unha cita previa a través do teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 17 de novembro de 2021

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 13.4.2016)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona concentración

76689045F

Trámite de audiencia

Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense)