Consonte o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Para garantir unha axeitada atención, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar unha cita previa a través do teléfono 988 38 64 89.
Ourense, 17 de novembro de 2021
O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 13.4.2016)
José Antonio García Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo
ANEXO
Interesada/o |
Acto que se notifica |
Zona concentración |
34710380E |
Resolución |
San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós-Ourense) |
76763448M |
Resolución |
San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós-Ourense) |