Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de novembro de 2021 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2021000796 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas ás que
se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01786 ampliación e mellora do trazado da CP-8203. Vedra-ponte de Santa Lucia do p.q. 8,130 ao p.q. 10,370. Código 14.1110.0002.0

Hrdos. Manuel Vieites Neiro

23.9.2021

2021000796

34

02003-LMT, CT e RBT Framán-Bugallido no concello de Ames. Expediente IN407A 2015/263-1

Elisardo Vázquez Mareque

23.9.2021

2021000392

1

02008 senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, p.q. 0,000-1,080 no concello de Pontevedra. Clave PO/16/264.06

María José Chan Lorenzo

23.9.2021

2021000462

21

Elena Otero Tejedor

23.9.2021

2021000477

40

02019 ampliación do paseo fluvial de Arteixo desde o polígono de Sabón ata o Rañal. Termo municipal de Arteixo

José Manuel Sanjurjo Vázquez e outros

21.10.2021

2021000677

2