Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de novembro de 2021 pola que se notifican os acordos de suspensión do prazo de resolución dos recursos de reposición interpostos contra as resolucións de fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2021000240 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles aos interesados que se relacionan no anexo os acordos de suspensión do prazo de resolución dos recursos de reposición interpostos contra varias resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, no proxecto parque eólico Sasdónigas fase II-expediente LU-11/125-EOL.

2. De acordo co previsto no artigo 118.1 e 2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, remitiuse copia dos recursos de reposición ao resto dos interesados, para que formulen as alegacións que xulguen procedentes.

3. De acordo co previsto no artigo 22.1.a) da antedita Lei 39/2015, é procedente declarar a suspensión do prazo para resolver estes recursos ata que se reciban no Xurado de Expropiación de Galicia as alegacións dos interesados ou transcorra o prazo outorgado.

4. O texto íntegro do acordo está á disposición dos interesados na sede do Xurado de Expropiación de Galicia, rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela.

5. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas ás que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

01984 parque eólico Sasdónigas fase II-expte. LU-11/125-EOL

Elva Reigosa Díaz

3.8.2021

2021000240

113

Elva Reigosa Díaz

3.8.2021

2021000256

152