Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 16 de novembro de 2021 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria de varios expedientes de reposición da legalidade urbanística (expedientes 107 B 2005/73 e 107 B 2008/60).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 22 de xullo de 2021, ditou resolución pola que se dispón, en cumprimento da executoria 282/2019, do 1 de febreiro de 2021, ditada polo Xulgado do Penal número 5 da Coruña, a execución subsidiaria, por conta dos penados, da orde de demolición e reposición dos terreos ao estado anterior, recollida na resolución da sentenza 201/2017, do Xulgado do Penal número 5 da Coruña, ditada no xuízo oral 388/2015.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 32807051N, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Cómpre indicarlle á persoa interesada que contra este acordo non cabe ningún recurso, ao tratarse dun acto ditado en cumprimento da dita executoria.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística