Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Ampicos II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ampicos II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de outubro de 2021, María Calvar García solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Ampicos II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Alberto Rosendo Barreiro (***1810**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ampicos II.

Situación:

Cuadrícula nº: 53.

Polígono: A.

Distrito: Redondela A (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Ventura Rosendo Ríos (falecido) e María Calvar García (***9350**).

Novo titular: Alberto Rosendo Barreiro (***1810**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de outubro de 2021

A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 29.3.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro