Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto do parque eólico Ourol LU-11/145-EOL.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no telefono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 16 de novembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

– Expediente: LU-11/145-EOL.

– Proxecto: Parque eólico Ourol.

– Acto notificado: traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto Parque eólico Ourol (expediente LU-11/145-EOL).

Persoa interesada

Predios do parcelario

Carmen Balseiro Gómez

257

Herdeiros de Adelina Balseiro Gómez

257

Herdeiros de Emérita Balseiro Gómez

257

Josefina Balseiro Gómez

257

Ricardo Miguel Sánchez

82 e 83

Tomás Gómez López

30, 31, 35 e 39