Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2021/77 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Xestur Galicia, S.A.

Domicilio social: Área Central, polígono das Fontiñas, local 25Z, 1º andar, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto modificado número 1 de electrificación e iluminación pública da ampliación II do parque empresarial das Gándaras (Lugo).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de media tensión con orixe nunha cela de liña existente do CS Decathlon, entra e sae no CS nº 1 proxectado, entra e sae no CT nº 9 proxectado e remata nunha cela de liña existente no CT 3 existente, cunha lonxitude de 975 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

• CS nº 1 en edificio prefabricado tipo PFU-3 ou similar, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de interruptor automático.

• CT nº 9 en edificio prefabricado tipo PFU-5 ou similar, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de liña de media tensión con orixe no CT nº 3 e final no CS Decathlon.

Finalidade da instalación: ampliación de instalacións.

Orzamento: 159.360,36 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o concello de Lugo.

• Separata para BEGASA.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a estas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias; o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa Instrución ITC-BT-04, e deben achegar no seu momento a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de novembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo