Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do expediente RA/IGVS/CMATV/2021/00359 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles ás interesadas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

RA/IGVS/CMATV/2021/00359

Costa Villagarcía, S.L.

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00360

Costa Villagarcía, S.L.

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00361

Costa Villagarcía, S.L.

Resolución recurso de alzada

RA/IGVS/CMATV/2021/00362

Costa Villagarcía, S.L.

Resolución recurso de alzada