De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 9 de novembro de 2021
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI denunciado |
Acto de notificación |
MON-CO-0052-2021 CSA |
33138320N |
Acordo inicio |
MON-CO-0102-2021 CSA |
32487629Z |
Acordo inicio |
MON-CO-0103-2021 CSA |
32309186M |
Acordo inicio |
MON-CO-0109-2021 V |
B70466693 |
Acordo inicio |
MON-CO-0111-2021 V |
76370119E |
Acordo inicio |