Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de novembro de 2021 polo que se notifica a resolución de imposición dunha cuarta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/43/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 1.10.2021, ditou resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 18.7.2016, 6.11.2017, 20.7.2018 e do 25.11.2020, en relación coas obras consistentes nunha edificación para uso agrícola, no lugar da Barxa, no termo municipal do Barco de Valdeorras, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución aos interesados con documento nacional de identidade número 76722881X, 34679135B e 76767456B, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística