Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 23 de novembro de 2021 Páx. 57355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a resolución e a carta de pagamento da multa en período voluntario do expediente sancionador en materia de enerxía nuclear IN635C 2021/32-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución e a carta de pagamento da multa en período voluntario no anexo do expediente sancionador en materia de enerxía nuclear, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 9 de novembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2021/32-4.

Interesado:

DNI: 39452509B.

Acto notificado: resolución e carta de pagamento.