Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a ordenación da parcela de equipamento do sistema xeral proposto E-151, incluída no ámbito do solo urbano non consolidado municipal AP-15-R.

Logo de aprobarse inicialmente por Acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de outubro de 2021 o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), para a ordenación da parcela de equipamento do sistema xeral proposto E-151, incluída no ámbito de solo urbano non consolidado AP-15-R municipal, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

Primeiro. Sométese á información pública por un prazo de (2) dous meses desde a publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello.

Durante o período de información pública poderá examinar o Plan especial calquera persoa e formular as alegacións que procedan. Para tales efectos queda á disposición dos interesados o expediente administrativo tramitado para que poida ser examinado na Secretaría municipal durante o período de información pública, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, someterase o Plan especial ao trámite de consultas previstas no documento de referencia.

Segundo. Suspender o outorgamento de licenzas urbanísticas na área afectada polo Plan especial de infraestruturas e dotacións, de conformidade co artigo 47 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e co artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Caldas de Reis, 27 de outubro de 2021

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente