Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de novembro de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Andaluz, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle a Ahmed Mohamed Salem Chej, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 15 de outubro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación Andaluz con folio 4ª-VILL-4-87-91, varada na explanada de depósitos do porto de Tragove por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación varada na explanada de depósitos do porto de Tragove sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde setembro de 2021, data esa en que foi trasladada á dita explanada desde o porto de Meloxo tras informar a Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa sobre o alto grao de risco de afundimento, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236, do 14 de decembro).

O órgano competente para a resolución deste procedemento, é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

Outórgaselle ao interesado antes identificado un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se deben realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia