Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO do 29 de outubro de 2021 de notificación da comunicación e do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Trasmiras, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

10.7.2021

32083A503021350000XJ

Abavides (San Martiño), Trasmiras, Ourense

503

02135

L3211400W

10.7.2021

32083A501051400000XB

Zos (Santa María), Trasmiras, Ourense

501

05140

34669364S

10.7.2021

32083A503017850000XY

Lobaces (Santa María) Trasmiras, Ourense

503

01785

34717117C

10.7.2021

32083A507002160000XM

Vilar de Lebres (San Salvador) Trasmiras, Ourense

507

00216

34543744K

10.7.2021

32083A507002170000XO

Vilar de Lebres (San Salvador) Trasmiras, Ourense

507

00217

Rivero Fernández, Isidro

10.7.2021

32083A507002180000XK

Vilar de Lebres (San Salvador) Trasmiras, Ourense

507

00218

34728507W

10.7.2021

32083A503008830000XP

Escornabois (Santa María) Trasmiras

503 883

34702643J

10.7.2021

32083A5030280500000XJ

Trasmiras (San Xoán), Trasmiras

503

02805

34727216E

10.7.2021

32083A5030280500000XJ

Lobaces (Santa María) Trasmiras, Ourense

503

01785

34727215K

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na data da acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada reflectida na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

297/2021

32083A503021350000XJ

0,8425

2.056,00 €

1.732,10 €

424/2021

32083A501051400000XB

0,1120

3.953,15 €

442,86 €

415/2020

32083A503017850000XY

0,1400

1.688,89 €

236,44 €

533/2020

32083A507002160000XM

0,2320

2.056,00 €

476,93 €

533/2020

32083A507002170000XO

0,2394

2.056,00 €

492,23 €

533/2020

32083A507002180000XK

0,2154

2.056,00 €

442,82 €

2021/341

32083A503008830000XP

3.736,02

1.688,89 €

630,97 €

2021/57

32083A5030280500000XJ

3.211,43

3.953,15 €

1.269,53 €

2021/57

32083A5030280500000XJ

3.211,43

3.953,15 €

1.269,53 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Trasmiras, 29 de outubro de 2021

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde