Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56465

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 23 de outubro de 2021 pola que se autoriza o plan de xestión de pesca coa arte de bou de vara e a arte de rapeta ou bou de man, tempada 2021-2022.

Feitos:

Mediante a Resolución do 23 de outubro de 2021, a Consellería do Mar autorizou o plan de xestión de pesca coa arte de bou de vara e a arte de rapeta ou bou de man, tempada 2021-2022.

O número 7 da devandita resolución di: «7. Especies. O obxecto da captura serán a voandeira e zamburiña, así como outras especies demersais.

Todas as especies deberán cumprir cos tamaños mínimos exixidos segundo o disposto na Orde do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia, non estar en veda e cumprir coas disposicións legais que lle sexan de aplicación. Os individuos que non acaden o tamaño legal deberán ser devoltos ao mar inmediatamente».

O sector pesqueiro, a través das federacións, realiza proposta relativa aos topes de captura establecidos para algunhas especies.

Con base no anterior, esta consellería

RESOLVE:

Modificar o número «7. Especies» da Resolución do 23 de outubro de 2021 pola que se autoriza o plan de xestión de pesca coa arte de bou de vara e a arte de rapeta ou bou de man, tempada 2021-2022, de tal xeito que queda reflectido como a seguir se indica:

«7. Especies. O obxecto da captura serán a voandeira e zamburiña, así como outras especies demersais.

Cando unha especie mariña teña asignada cotas ou topes máximos de captura e desembarco no marco dun plan de xestión ou doutra norma en vigor, ditas cotas ou topes serán de aplicación para a mesma especie capturada polas artes de bou de vara e rapeta ou bou de man.

Todas as especies deberán cumprir cos tamaños mínimos exixidos segundo o disposto na Orde do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia, non estar en veda e cumprir coas disposicións legais que lle sexan de aplicación. Os individuos que non acaden o tamaño legal deberán ser devoltos ao mar inmediatamente».

A presente resolución non modifica o resto das condicións establecidas no plan.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar