Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 29 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se lle notifica ao interesado a incoación do procedemento SXRH-PD-15/21.

O 6.10.2021, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade acordou incoar o procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-15/21. Os intentos de notificación do acordo de incoación á persoa inculpada realizáronse no seu domicilio, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada. A seguir identifícase a persoa interesada, a referencia do procedemento e o acto administrativo que se pretende notificar.

Persoa citada: 34899301K.

Procedemento: SXRH-PD-15/21.

Trámite: acordo de incoación do procedemento.

A persoa interesada ou quen acredite ser o seu representante poderá solicitar unha copia do acordo de incoación á instrutora ou acudindo calquera día, de luns a venres (agás os festivos), das 9.00 ás 14.00 horas, ás dependencias do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, na sede da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade