De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021
María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
RA/IGVS/CIV/2018/00058 |
Elvira Balboa Dobalo Comunidade de Propietarios General Mola 4 |
Resolución de recurso de alzada |
RA/IGVS/CIV/2018/00033 |
Comunidade de Propietarios Eduardo Vicenti 34 |
Resolución de recurso de alzada |
RA/IGVS/CIV/2018/00030 |
Comunidade de Propietarios Avenida de Oza 159 |
Resolución de recurso de alzada |
RA/IGVS/CMATV/2021/00091 |
Paola Sabogal Lizcano |
Resolución de recurso de alzada |