Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e os dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 2 LMTS, CTC e RBT Forte II, no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2019/168-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 2 de novembro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/168-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: modificado 2 LMTS, CTC e RBT Forte II.
Concello: Boqueixón.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
1 |
Forte |
Herdeiros de Enrique Oliveira Novo |