Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 2 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente SEM 2015/50, nos concellos de Arteixo e A Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de novembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SEM 2015/50.

Entidade beneficiaria: Repsol Petróleo, S.A.

Denominación da instalación: poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira.

Concellos: Arteixo e A Coruña.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

C-AR-65 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

962/2021

2.858,40 €

C-AR-66 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

963/2021

103,35 €

C-AR-67 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

964/2021

320,14 €

C-AR-72 V

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

988/2021

33.663,78 €

C-AR-74

Bruesa Inmobiliaria, S.A.

966/2021

905,36 €