Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55815

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021 para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 en réxime de non concorrencia.

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2021 fóra da Comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A suma total das axudas ascende a trinta e seis mil euros (36.000 €), que se librarán con cargo á aplicación 10.40.432B.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021.

Segundo os criterios sinalados no artigo 11 da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 10, e publicalas do Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 11 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitude
(acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Feira ou mercado

Data 2021 prevista inicialmente

Proposta

Galería Pm8, S.L.

Liste Art Fair (Basel)

Setembro

4.000,00 €

Frieze London (Londres)

Outubro

4.000,00 €

María Asunción Rodríguez Rodríguez

JustMad (Madrid)

2.000,00 €

Drawing Room (Lisboa)

Outubro

4.000,00 €

María Jesús Villar Iglesias

Arco (Madrid)

Xullo

2.000,00 €

Estampa ed. especial (Madrid)

Abril

2.000,00 €

María Luísa Pita Díaz

Estampa ed. Especial (Madrid)

Abril

2.000,00 €

Art Madrid (Madrid)

Maio

2.000,00 €

Mc Proxectos de Arte, S.L.

Estampa ed. Especial (Madrid)

Abril

2.000,00 €

Estampa (Madrid)

Outubro

2.000,00 €

M. Rodríguez y Cía, S.L.

Art Madrid (Madrid)

Maio

2.000,00 €

Cristián Balsa Gavilanes-Galería Art Cuestion

AFF Singapour (Singapur)

Novembro

4.000,00 €

Art3Fair Bruxelles (Bruxelas)

Novembro

4.000,00 €