Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de María Romero Rodríguez.

Antecedentes.

Por Resolución do 13 de novembro de 2020, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Romero Rodríguez (ABI/2015/0016).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (suplemento número 325, do 14.12.2020), no Diario Oficial de Galicia (DOG número 247, do 9.12.2020), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santa Comba (A Coruña), do Concello de Val do Dubra (A Coruña) e do Concello de Santiago de Compostela, por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 1 de marzo de 2015 no municipio de Santiago de Compostela e que non tiña outorgado testamento rexistrado nin herdeiros lexítimos preferentes. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Santiago de Compostela, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do cadal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de María Romero Rodríguez, con DNI 33178120E, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Vivenda na rúa Alexandre Bóveda nº 15, bloque 15, andar primeiro, porta D, de Santiago de Compostela, polígono de Vite, cunha superficie útil de 74,42 m2. Estrema: fronte, descanso da escaleira; dereita, rúa Alexandre Bóveda; esquerda, piso letra A do mesmo andar; e fondo, espazo libre entre os bloques 9 e 10. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 7789103NH3478H0004RM.

Valor catastral: 30.583,31 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 2, predio nº 11134.

– Monte Parominas, parcela nº 517 da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Bazar, municipio de Santa Comba, de 18.680 m2. Estrema: norte, parcela nº 518; sur, camiño; leste, parcela sobrante nº 516, e oeste, camiño. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15078A507005170000PZ.

Valor catastral: 283,63 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira, predio nº 28037.

– Monte e prado Aveira de Mina, parcela nº 682 da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Bazar, municipio de Santa Comba, de 7.690 m2. Estrema: norte, parcela nº 681; sur, parcela nº 684; leste, parcela nº 683, e oeste, camiño. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15078A507006820000PU.

Valor catastral: 77,75 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira, predio nº 34694.

– Monte e inculto Cima da Chousa de Antón, parcela nº 705 da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Bazar, municipio de Santa Comba, de 17.100 m2. Estrema: norte, parcela nº 706; sur, parcela nº 704; leste, parcela nº 707, e oeste, camiño. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15078A507007050000PJ.

Valor catastral: 259,61 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira, predio nº 34736.

– Labradío Agra das Bouzas, parcela nº 734 da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Bazar, municipio de Santa Comba, de 2.320 m2. Estrema: norte, parcela nº 733; sur, parcela nº 735; leste, límite da parroquia de Vilamaior, e oeste, camiño. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 15078A507007340000PD.

Valor catastral: 199,61 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira, predio nº 34798.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Santander, conta: 0075 8916 5507 0056 3606.

– Banco Sabadell, conta: 0046 0001 2500 0180 5420.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra e Santiago de Compostela.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública