Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2021, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00137-O-2021 e cinco máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-00137-O-2021 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 27 de outubro de 2021

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00137-O-2021

3289-BJV

76984064M

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 da LOTT.
26.8.2020; 13.44; EP-2603; 0,8

Art. 140.1 LOTT

Art. 197.1 ROTT

Art. 201 i) ROTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros

PO-00309-O-2021

7272-DKP

X9243812C

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
16.11.2020; 2.29; AP-9; 128,444

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

PO-00831-S-2021

1054-HRF

36168443T

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.
26.11.2020; 13.45

Art. 141.21 LOTT

Art. 198.25 ROTT

Art. 201.d) ROTT

Art. 143.1 LOTT

401 euros

PO-01740-S-2021

3289-BJV

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.
10.3.2021; 9.05; rúa Travesía de Vigo con rúa Mestre Chané

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-01942-O-2021

9307-LHM

39459350K

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportador/a ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.
6.5.2021; 13.23; N-550; 124,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 199.1 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.c) ROTT

301 euros

PO-02038-O-2020

2211-BCP

44448837A

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
22.8.2020; 10.15; PO-534; 2,3

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros