Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO polo que se nomea funcionaria de carreira.

Antecedentes:

Vista a acta do 8 de outubro de 2021, do tribunal seleccionador constituído para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión, grupo A2, mediante promoción interna, na cal se acordou proporlle á Alcaldía deste concello o nomeamento da única aspirante que superou a correspondente proba selectiva.

Visto que, de conformidade coa proposta do tribunal, procede nomear como funcionaria en propiedade, coa categoría de técnica de xestión, grupo A2, por ter aprobado o proceso selectivo para a provisión desa praza, a Mónica Cibreiro Caneiro, con NIF XXXX5130L.

A praza que ocupará será a de técnico/a de xestión, coas funcións e características recollidas na vixente relación de postos de traballo, aprobada polo concello en setembro de 2020.

Vistos os artigos 55 ao 61 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; así como o establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira, coa categoría de técnico/a de xestión, segundo a proposta efectuada polo tribunal seleccionador, a aspirante seguinte:

a) Datos da funcionaria:

Nome: Mónica. Apelidos: Cibreiro Caneiro.

Documento de identidade: XXXX5130L.

Nivel de estudos: licenciatura ou grao.

b) Datos do posto de traballo:

Centro de traballo: Concello de San Sadurniño.

Vinculación: funcionaria de carreira.

Posto de traballo: técnico/a de xestión.

Grupo retributivo: A2; nivel de complemento de destino: 26; complemento específico, puntos na RPT: 85,10.

Segundo. Ordenar o traslado desta resolución á persoa nomeada e aos servizos municipais de Intervención, Tesouraría e Xestión de Nóminas, e a publicación do nomeamento polos medios previstos na lexislación aplicable.

San Sadurniño, 14 de outubro de 2021

Secundino García Casal
Alcalde