Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55335

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de revogación da delegación do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva da taxa polo abastecemento de auga do concello de Rairiz de Veiga.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria realizada o 24 de setembro de 2021, aceptou por unanimidade a revogación da delegación, na Deputación Provincial, do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva da taxa polo abastecemento de auga do concello de Rairiz de Veiga. De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:

Aceptar a revogación da delegación, na Deputación Provincial de Ourense, do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva da taxa polo abastecemento de auga do concello de Rairiz de Veiga.

Ourense, 1 de outubro de 2021

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense