Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54927

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se fai pública a adxudicación definitiva de postos unha vez resolto o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Pola Resolución do 3 de xuño de 2021 (DOG do 15 de xuño) convócase o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Rematada a valoración de méritos, a comisión de valoración elevou ao xerente a proposta de adxudicación definitiva de prazas.

En aplicación do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

RESOLVO:

Adxudicar definitivamente os postos que se relacionan no anexo, de conformidade co establecido na base oitava da convocatoria.

Que a data de cesamento será o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e o prazo para tomar posesión será de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data. Neste caso, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Para todos os efectos, o prazo de toma de posesión considerarase como de servizo activo, polo que os efectos económicos comezarán desde a data de cesamento no destino de procedencia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de outubro de 2021

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Nº praza

Praza adxudicada

Unidade de destino

Centro de destino

*****886E

Cartamil Obelleiro, Carmen María

61

Xefatura de servizo

Servizo de Xestión Financeira

Xerencia

*****145A

Prol Conde, María Josefa

89

Xefatura de servizo

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

Xerencia

*****677J

Lores Torres, Xaquín

205

Xefatura de servizo

Servizo de Biblioteca Universitaria

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia