Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54920

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 29 de outubro de 2021 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 29 de xullo de 2021 (DOG núm. 153, do 11 de agosto), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.2 e 92 da Lei do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 29 de xullo de 2021 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa interesada. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos da funcionaria:

Apelidos e nome: García Novais, Isabel.

DNI: **8329***.

Corpo ou escala: corpo xeral auxiliar da Administración do Estado.

Subgrupo: C2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: secretario/a directora/a.

Código do posto: FC.A20.00.000.15770.002.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.