Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Soutomaior e Redondela (expediente IN407A 2021/094-4).

Feitos:

Primeiro. O 7 de maio de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Adecuación LAT 66 kV Pontesampaio-Redondela entre apoios 393 e 418.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste no desmonte dos apoios nº 394, 401, 402, 407, 408, 409, 416 e 417 existentes; demolición de cimentacións dos apoios para desmontar; instalación de novos apoios nº 394N, 402N, 407N, 408N e 416N; substitución dos cables existentes, LA180 e AC50, por outros iguais e novos, entre os apoios nº 415 e 418, e reinstalación dos cables existentes no resto de tramos; reinstalación do cable de comunicacións FO. AUT 4..24 entre os apoios 393 e 418; e instalación de contrapesos no apoio nº 403. As obras discorren polos concellos de Soutomaior e Redondela (Pontevedra).

Segundo. O 1 de xuño de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. UFD manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Terceiro. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 1 de xuño de 2021 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 22 de xuño de 2021.

Xornal Faro de Vigo: 17 de xuño de 2021.

Taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.

Durante este trámite non houbo alegacións.

Cuarto. Mediante un escrito do 22 de xuño de 2021, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas deste proxecto denominado Adecuación LAT 66 kV Pontesampaio-Redondela entre apoios 393 e 418 para o cal UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a autorización administrativa de construción, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública son:

Adecuación da LAT 66 kV Pontesampaio-Redondela, entre os apoios 393 e 418 (lonxitude 4.225 metros) consistente no desmonte dos apoios 394, 401, 402, 407, 408, 409, 416 e 417; instalación de novos apoios 394N, 402N, 407N, 408N e 416N; substitución dos cables existentes LA-180 e AC50, por outros iguais, entre os apoios 415 e 418; e reinstalación do cable existente no resto dos tramos. Mantense o trazado e o número de alineacións.

A instalación está situada nos concellos de Soutomaior e Redondela

Conforme con todo o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Adecuación LAT 66kV Pontesampaio-Redondela entre apoios 393 e 418, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 13 de outubro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra