De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de procesado de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal |
Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (Afamsa) |
Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-13-280 |
Localización: concello de Mos (Pontevedra) |
Expediente: 2021-IPPC-M-26 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático