Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de outubro de 2021, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a proposta de Resolución do 12 de xullo de 2021 ditada no expediente sancionador LU-S-23/2020 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que se menciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo de Lugo, sitos na rolda da Muralla, 70, Lugo, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que considere oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lugo, 19 de outubro de 2021

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-23/2020.

Denunciada: Vanessa Delmondes Lima.

Establecemento: café bar Gran Vía.

Enderezo: rúa Gran Vía Alfonso IX, 22.

Localidade: Sarria.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 alíneas g), i) e m) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artígo 109.2.a) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Proposta de resolución: 12 de xullo de 2021.

Sanción: apercibimento.